Alberto G. Prelcic

Se hai unha frase que define a Alberto  Prelcic é a de ‘empezar polo principio’, empezar polo básico, pola aprendizaxe, e ir avanzando paseniño. Así llo ensinou súa nai, que por algo era mestra, e a quen se debe que lle puxese ao seu proxecto gastronómico o nome de  Silabario, para que nunca se lle esqueza que a cociña é unha aprendizaxe continua, aínda que agora xa sexa o mestre e a dirixa con man dura, pero rumoroso…, sen levantar a voz: ‘Esa cebola así, acaramelada…, ese é o punto, velo?’. O aprendiz converteuse en mestre, aínda que lle custa admitilo; de carácter medido, amable, como a súa cociña, non por iso deixa de sorprenderche, ou quizais precisamente por iso; este mozo con cara de non romper un prato na súa vida pódeche deixar parado cunha comida espectacular…

Para Alberto o reto é facer cociña con sabor a tradición pero con identidade.

Alberto forma parte dese club dos nove que xa son moitos máis; o Grupo Nove naceu co obxectivo de reivindicar a nova cociña galega, sen renunciar ás orixes, e canalizar a explosión gastronómica dos últimos anos. Son un bo puñado de cociñeiros inconformistas que souberon ir alén da fama de que en Galicia “se come ben”. Achegando un plus, a cociña, sen renunciar ao produto nin á tradición gastronómica.

Cara a cara con… Alberto González Prelcic, en la Michelin Magazine

 

estrella michelin

 

sol repsol

 

Alberto G. Prelcic