Bonito marinado

Un día de xullo

Son as 8 da mañá e o sol asoma tímido, deixando un ronsel nas augas do porto a medida que vai abandonando o horizonte. Ao fondo escoitase o xentío e o son dun día de traballo na lonxa.

Os barcos xa deixaron as capturas, e o cheiro a mar e frescura envolve este porto do Cantábrico.

Ao fondo, ollando o trasfega da xornada, comentan dous vellos mariñeiros o xénero que entrou; sardiña, xurelo ou chicharro, peixe do noso mar, bravo e cheo de vida. Lembran estes dous aqueles días pasados nos que se afastaban do porto naquel barco boniteiro desexando volver con este peixe prezado e saboroso. Lembran tamén cando eran seu avós os que, despois das festas, marchaban, e eles, cativos, xa sabían que “era tempo de bonito”.

Pescado da maneira máis tradicional..., co anzol..., un a un…, e no momento más óptimo do seu crecemento, o bonito do norte convértese nun bocado cheo de tradición e sabor.

A vida no porto segue sen descanso e dous vellos mariñeiros non deixan de mirar na distancia con morriña..., hai un mes, por xuño, comezou a costeira do bonito e ata setembro seguiremos gozando deste manxar tan único e tan noso.

Griselda Díaz

 

(Fotografía de Ovidio Aldegunde. Bonito de Burela con perrechicos)