polvo lacado-silabario
polvo lacado-silabario
rusa de camarón
rusa de camarón

Co mar de fondo

Hai algúns meses que empecei a investigar con Alberto sobre a influencia da vista no sabor. Quizais parece evidente, pero cando profundas un pouco decátaste de que vai moito máis alá do que pensabamos; pola vista captas non só as cores, as formas e as texturas, senón tamén toda a influencia que nos remite ás nosas referencias culturais, un arquivo que temos na memoria e que renace cando vemos algo que nos leva a ela. Disto trata a  neurogastronomía, de entender a relación entre a comida e o noso cerebro, de analizar como interveñen a memoria, os factores ambientais,  relacionais e emocionais para construír os sabores, máis aló do gusto –percibido pola boca e as  papilas  gustativas–.

O meu interese por incorporar o deseño alén da gráfica ou do interiorismo, cando traballas no mundo da gastronomía, levoume xa hai algúns anos a participar en obradoiros como Big Food, que propuñan traballar conxuntamente deseño e gastronomía, un punto de encontro entre chefs e deseñadores que me serviu para empezar a traballar neste campo.

O proxecto Silabario, e mais ao seu chef Alberto, coñecino no restaurante de Tui, primeiro como comensal e logo como deseñadora, e durante estes traballamos xuntos, tentando mellorar a experiencia de quen visita o restaurante, agora situado no centro de Vigo. O que máis me gusta da súa cociña é que, sobre todo, é honesta e aparentemente sinxela, ese é o punto forte de Alberto, tratar de dar en cada prato un engadido sen que se note. E a ese reto incorporeime, analizando as posibilidades do noso cerebro, influenciado pola vista para engadirlle un maior sabor. E así van xurdindo uns pratos que aos poucos se van incorporando á carta… ‘A nosa rusa de camarón’ e o ‘Polbo da ría en zume de nécora’ son dous pratos que xa podedes degustar no restaurante… A que che saben?

Uqui Permui