galiñas

O sabor da memoria

O primeiro sabor da miña memoria son as croquetas de cocido dos martes, o flan de ovo das galiñas poñedoras da casa e a empanada, metade atún con ovo e metade bacallau con pasas que só lle gustaba ao meu pai. A sopa do cocido contundente con toda clase de frebas, galiña da casa. O cordeiro e o capón nas festas de Santa Lucía de Dena. Miña nai non era gran cociñeira, tiña terras, viñas, galiñeiro, porcos e fillos que coidar, levar unha casa familiar adiante. Non podía pararse moito na cociña, pero a tortilla, as patacas panadeiras con cebola e pemento, o fígado encebolado da matanza... Nunca, nunca por moitos restaurantes de comida caseira que probe, volverei a saborear ese amor que con pouco tempo e produtos da horta, o conxelador cheo da matanza da tenreira, porco e galiña de casa de aldea… saia un sabor en guisos, brasas, fritos e cocidos que eu con mais tempo, máis aparatos, mellor economía nin de coña me saen.

O que quero transmitir con isto é que cada un temos o sabor da cociña das nosas nais, con produtos de primeira, o que agora lle chaman ecolóxico a prezo de collón, iso é todo… Os comensais somos a túa familia, ti es nosa nai, tes bo produto e supoño que nos quererás un pouquiño, máis no café con gotas de auga ardente (da flúor esa dos restaurantes, non por deus). Non sabia de ti, ata hoxe polo premio da guía Repsol, xa avisei aos colegas para ir, vaia terrazón!! E o prezo é xusto e necesario.

Non sabia que poñer, non sei se ben fiado ou non, pero saíume da alma, de recordos da infancia e de chavaliña coa miña nai na cociña, eu estonaba patacas, limpiaba xudías, e escabullaba guisantes. Grazas por facerme recordar sensacións e sabores. E a miña nai. Verémonos seguro, Parabéns.

 

Paula Méndez
Sanxenxo