Desconto do 10% en bonos regalos

Desconto especial nos Bonos Regalo 2020

Porque cremos no que facemos, estamos dandolle voltas a como mellorar o restaurante para garantir as mellores condicións no servizo. Aínda que conscientes do grave problema que supón para os nosos costumes queremos tamén ser positivos e empezar a soñar co bulicio do restaurante, o ruído das tarteiras e o tintinar dos cubertos…

Para axudarvos e axudarnos a soñar e ata o 30 de maio, aplicamos un desconto do 10% nos Bonos Regalo, ademais ampliamos a validez dos bonos a 1 ano.

 

TENDA