abrimos o 1 de xullo

Abrimos o 1 de xullo

Abrimos as reservas para recibirvos a partir do 1de xullo, en horario: de martes a sábado de 13.30 a 15.45 h e de 21.00 a 23.15 h 
luns: de 13.30 a 15.45 h.

Luns pola noite e o domingo todo o día, teremos o restaurante pechado.

Volveremos cos tres menús Tempo, Raíces e Berbés, este último durante a semana. Tamén poderedes seleccionar o voso prato preferido na carta. Subimos a carta dos viños á web para que poidades seleccionalos desde os vosos propios dispositivos móbiles.

Desexando compartir os nosos novos pratos que estamos a deseñar para estes meses de verán, frescos e reconfortantes! Iremos informando das novidades durante este mes