Bono Regalo Raíces

135.00€

Bono regalo para gozar dun xantar ou cea co “Menú Raíces” no restaurante Silabario. A Sede. O prezo é por persoa.

Este menú fálanos de pucheiros, de calor, de recendos e sabores coñecidos, pero cunha elaboración complexa e unha presentación coidada. Un percorrido gastronómico que nace das raíces máis fondas do receitario tradicional galego e medra, evoluciona e desenvólvese cara a unha cociña franca, directa e plenamente recoñecible, cun claro selo de autor.

O menú Inclúe o noso servizo de adega básica: selección de viños, auga, refrescos e servizo de café. Se o desexa, é posible engadir ao bono a correspondente maridaxe de viños, unha selección de adega variable, atendendo ao mellor momento de cada viño e prestando un especial interese ás adegas galegas por 35 €.

Tamén pode incluir unha degustación de queixos que serviremos antes do postre, por 16 €

Para o troco do seu bono, deberá realizar previamente a reserva a través da nosa web, indicando a referencia do bono e a data desexada.

A validez do bono  son 6 meses dende a data de compra do mesmo.

O menú, a maridaxe de viños e os nosos queixos deberán servirse para a mesa completa.

Para a compra do bono dirixímoslle á web do Grupo Nove

 

 

 

 

 



Order

Cartel Raíces
:: Selección de aceites, sales e manteigas Milk Sulfide
:: Ameixa babosa, godello e salvia Celery Mollusc Sulfide
:: Agnolotti de choco e biscaíña de cigala Nuts Fish Soya Sulfide
:: Sabayon e ourizo de mar Celery Peanuts Crustaceans Nuts Eggs Milk Mollusc Mustard Sesame Soya Sulfide
:: Xarda á brasa, améndoa, tomate e fabas verdes Celery Nuts Eggs Milk Sulfide
::::::::::::::
:: Choquiño, chutney de cenoria e herbas aromáticas Crustaceans Nuts Mollusc Sulfide
:: Espárragos á brasa e carbonara de camarón Crustaceans Eggs Milk
:: Salpicón de centola e cacheira á brasa Crustaceans Eggs Milk Sulfide
::::::::::::
:: Peixe do mercado asado, porro e madreperla Celery Crustaceans Eggs Milk Fish Sulfide
:: Corzo á brasa e périgourdine Celery Milk Sulfide
::::::::::::
:: Aguacate na brasa, callada e mandarina Nuts Gluten Milk Sesame
:: Filloa caramelizada, mazá, sidra e faba tonka Nuts Gluten Eggs Milk Sulfide
:: Bocados doces