cartel celebrámolo?
cartel celebrámolo?

Bono regalo para San Valentín

Queremos coñecer a vosa opinión sobre novos pratos, por iso vos convidamos a unha comida ou cea.

Que tes que facer?

  1. Facede clic no botón en forma de ‘bocadillo’ –na parte superior dereita desta páxina– e cubride o formulario “Cal é a túa historia?”. Tes que escribir unha pequena historia orixinal sobre gastronomía, ou unha carta de motivación.
  2. Ao final do relato, dinos se estiveches algunha vez no restaurante Silabario, A Sede, ou se sería –no caso de ser seleccionado/a– a primeira vez.
  3. Envíao antes do 10 de febreiro de 2020.

Seleccionaremos dous relatos (un, entre os textos escritos polas persoas que xa nos visitaron; e outro, entre os escritos enviados por aqueles que non nos coñecen). Ambas as persoas estarán invitadas –con acompañante– a unha comida ou cea*.

O 13 de febreiro comunicarémoslles o resultado aos seleccionados e o 14 farémolo público nas redes sociais.

 

Cal é a túa historia?

 

*Poderase escoller o día para a comida ou cea que será do menú Tempo, a partir do 17 de febreiro. O bono caducará en tres meses.

Os relatos ou cartas seleccionadas publicaranse nesta epígrafe da web e mais nas redes sociais.