Bonos regalo

Bonos menús

Menú Raíces

Este menú fálanos de pucheiros, de calor, de recendos e sabores coñecidos, pero cunha elaboración complexa e unha presentación coidada. Un percorrido gastronómico que nace das raíces máis fondas do receitario tradicional galego e medra, evoluciona e desenvólvese cara a unha cociña franca, directa e plenamente recoñecible, cun claro selo de autor.

Aquí

 

Menú Tempo

A nosa visión máis directa da cociña de tempada; o resultado son cinco pratos cheos de produto estacional e próximo. Unha cociña que respecta os tempos da natureza e da nosa despensa, potenciados pola elaboración contemporánea. Consta de catro pratos e unha sobremesa.

Aquí

 

Menú Solaina

Este menú fai referencia ao espazo privilexiado que ocupa o restaurante, un lugar de goce no que relaxarnos baixo a luz do sol mentres o noso padal déixase levar polos sabores ancestrais. Co menú Solaina queremos ir un paso máis aló dos menús Tempo e Raíces, e ofrecervos un produto máis especial e exclusivo, eses produtos que determina tamén a nosa identidade como son o marisco, a lamprea ou a angula.

Aquí