A experiencia dunha primeira vez
Martes noite, a nosa primeira vez nun restaurante con estrela Michelin.
O persoal de sala recibiunos na porta e acompañounos á nosa mesa. Amablemente recolleron as nosas chaquetas e colgáronas nun roupeiro , a continuación móntannos a mesa e ofrécennos bebidas.
Como chegamos á primeira hora tivemos a vantaxe de gozar das vistas que ofrece a cúpula de día e de noite. O ambiente era estupendo, unha música de fondo acorde coa luz tenue que saía da lamparita que tiñamos na mesa. As plantas ben coidadas, as paredes da cociña e a #cava que dan ao salón son acristaladas deixando ver o que ocorre en cada momento nestas estancias.
Ao pouco, achégase Alberto e brevemente explícanos en consiste toda a súa oferta gastronómica e as suxerencias de mariscos do día. Decantámonos polo menú curto Tempo e o Ribeiro Coto de Gomariz. Vaia acerto!
Non sabería dicir cal foi o prato que me gustou máis. Cada un deles era especial e gozámolos ao máximo, apreciando os seus aromas, sabores e texturas. Realmente cando as cousas fanse con agarimo percíbese desde o outro lado.
Bo servizo, fluído, respectando os tempos e sen erros.
Digno de admiración o traballo realizado por todo o equipo.
Sen dúbida, repetiremos!
Miriam
No menú Tempo podedes degustar entre outros pratos a vieira asada con tendóns de vaca, garavanzos afumados e vinagreira.