Novo horario para estas semanas

Novo horario adaptado ao toque de queda

Debido á confirmación por parte do goberno galego do comezo do toque de queda ás 23:00 h, modificamos os horarios de maneira provisional. 

O noso horario de apertura para o servizo de ceas esténdese desde as 20:00 h ás 22:00 h, sendo a última hora de reserva as 21:30 h e tendo que abandonar o restaurante antes das 23:00 h.

Horario para estas semanas:
Todos os días servizo de mediodía de 13.30 a 15.45 h
Ceas de mércores a sábado: de 20.00 a 22.00 h 
 

Lembrámoslle que o noso menú Raíces está dispoñible en horario de xantar ata as 14.45 h e de ceas ata as 21:00 h, a partir desa hora e ata o peche de cociña ás 15.30 h e 22:00 h, estará dispoñible o noso menú degustación Tempo e tamén a carta.