Pan da Moa 1
Pan da Moa 2
Guillermo Moscoso Moure amasando

O pan

Comer pan cos cinco sentidos.
Coma se non houbese outra cousa no mundo. Como fan os pequenos cando debullan nese trisco de pan, que non o quitan da boca durante un bo anaco. A man que non o solta ata que pouco a pouco se vai esmiuzando, desfacéndose na comisura da boca do cativo.
A cara de ledicia, de agrado e de pracer.
Ese sabor.
Ese é o sabor do pan.

É a onde queremos chegar: a sensación de gusto por un produto sincero e honesto. Que leva impresa a tradición dunha terra nas formas de facer e nas súas sementes. O pan ten que ser un espello do lugar onde se fai e das mans de quen o fai.

Cando o conseguimos, é o intre no que sentimos esa codia crocante, a miga alveolada e húmida, o recendo a fermento e a cereal, o sabor da diferenza que procuramos en Pan da Moa.

Guillermo Moscoso Moure