Queres cear connosco no fin de ano?

Queres cear connosco no fin de ano?

Cea con música nun ambiente confortable…

Acompañarannos esa noite R Música Djs, que nos achegarán ao novo ano creando un ambiente cálido e desenfadado para tomar unha primeira copa ata as 02.30 h. (Sempre suxeito á limitación horaria que estableza SANIDADE para esa noite).

O horario de reservas establécese entre as 21.00 e as 22.00 h para chegar coa cea finalizada no momento das badaladas.

Ao ser unha noite especial, para reservar solicitamos unha entrega en firme non reembolsable de 55 euros por comensal, que se entenderá como entrega a conta da factura final. O resto de importe o día do evento, ao finalizar o mesmo.

Mira aquí o menú especial que deseñamos para esa noite. Contaremos tamén cun menú infantil.

Se está interesado en continuar coa reserva, por favor póñase en contacto no teléfono 986 077 363 ou por mail: info@restaurantesilabario.com e farémoslle chegar os nosos datos bancarios para a confirmación da mesma.