rosco-biscoito

Rosca de leña

Este é o segundo relato que seleccionamos, a súa autora poderá degustar o Menú Tempo para celebrar o San Valentín coa súa parella.

Moi de cando en vez, a avoa facía rosca no forno da cociña de leña que tiñamos no pobo. Unha rosca, desas tipo biscoito, para o que batía a man un montonazo de ovos, montando xemas e claras por separado. Non lembro moito máis dos ingredientes nin do proceso pero moitas veces a masa desbordaba do molde e un pouco caía sobre a bandexa. Ese pequeno biscoito amorfo cociñado sobre o ferro era, aínda quente, o máis delicioso do mundo para merendar.

M.F.T