Somos noticia
Desde que abrimos Silabario, tivemos claro que queriamos achegar a cociña de autor a máis xente, por iso, propuxemos un menú de cociña de mercado, para os días laborables, pensado para esa paréntese no traballo… e continuámolo mantendo, por suposto, tivemos que ir axustando o prezo aos custos do mercado, pero mantemos a mesma filosofía.
Ademáis do exitoso menú Berbés creamos novos menús, como o Solaina co mellor produto de Galicia e entre medias outros dous menús degustación: Tempo e Raíces.
Convertémosnos no "restaurante máis barato das Estrelas Michelin" algúns dos últimos medios nas que se fixeron eco foron: National Geographic, Faro de Vigo, Magazine Michelin Guide, La Sexta, El Español, La Voz de Galicia