UNIVERSAL: unha nova proposta gastronómica para Vigo
Estamos moi contentos de anunciar a próxima apertura dun novo restaurante: Universal, un espazo moi especial no corazón de Vigo.
Con este novo proxecto queremos ampliar a nosa proposta gastronómica cara a un formato máis informal, accesible e conectado coa cidade, sen renunciar aos principios que definiron a nosa traxectoria desde o primeiro día: produto, identidade e respecto polo oficio.
Situado a pé de rúa e a poucos metros do mar, Universal nace coa vontade de recuperar o espírito dun dos enclaves históricos de Vigo, reinterpretado cunha mirada contemporánea. O local, con barra e terraza, está pensado para integrarse de maneira natural no ritmo urbano e na vida social da cidade.
Abrimos novas incorporacións ao equipo
Coa apertura de Universal, ampliamos tamén o noso equipo. Procuramos persoas para cociña, sala e limpeza que queiran formar parte deste novo proxecto.
Se tes experiencia no sector e che gustaría traballar connosco, podes enviarnos o teu currículo a:
eventos@restaurantesilabario.com
Os postos son a xornada completa e desenvolveranse de maneira presencial en Vigo.
Cociñeiro/a
A persoa seleccionada será responsable da elaboración dos pratos, garantindo altos estándares de calidade, presentación e organización na cociña.
Funcións principais
- Preparación e organización de ingredientes.
- Elaboración de pratos seguindo receitas e procedementos establecidos.
- Control dos procesos de hixiene e seguridade alimentaria.
- Coordinación co resto do equipo de cociña para ofrecer unha experiencia gastronómica memorable.
Valoramos:
- Experiencia e coñecementos de cociña, incluíndo elaboracións de forno e técnicas culinarias.
- Capacidade creativa para propoñer novos pratos e presentacións.
- Compromiso coas normas de hixiene e seguridade alimentaria.
- Capacidade de adaptación, traballo en equipo e atención ao detalle.
Camareiro/a
Buscamos persoas orientadas ao cliente, cun trato próximo e profesional, capaces de ofrecer un servizo áxil, amable e coidado.
Funcións principais
- Atender e tomar as comandas dos clientes.
- Servir comidas e bebidas.
- Manter as mesas e os espazos de sala en perfecto estado.
- Resolver de maneira proactiva as necesidades dos clientes.
Valoramos:
- Experiencia en servizo de comidas e bebidas, así como coñecementos básicos de manipulación e presentación de pratos.
- Clara orientación ao cliente e boas habilidades de atención ao público.
- Boa capacidade de comunicación e actitude profesional.
- Coñecemento en coctelería.
- Coñecemento de idiomas.
- Capacidade para traballar baixo presión, mantendo unha actitude positiva e colaborativa nun contorno dinámico.
Persoal de limpeza
A persoa incorporada encargarase de garantir a limpeza e a orde das instalacións, contribuíndo a crear un ambiente cómodo, agradable e seguro.
Funcións principais
- Limpeza das zonas comúns, cociña e baños.
- Mantemento da orde nas instalacións.
- Xestión e retirada axeitada dos residuos.
Valoramos:
- Experiencia en tarefas de limpeza e mantemento en espazos comerciais ou de restauración.
- Capacidade para utilizar ferramentas e produtos de limpeza de maneira segura e eficiente.
- Responsabilidade, capacidade de traballo en equipo e organización.
- Valorarase especialmente a atención ao detalle e a proactividade.
- Dispoñibilidade para traballar en quendas rotativas ou durante as fins de semana, segundo as necesidades do negocio.
Agardámoste para formar parte desta nova etapa de Silabario en Vigo.
