Berbés
A luz, o reflexo dos barcos, o chío das gaivotas, a trasfega das pescantinas cos carretóns…, o espectáculo repítese de xeito cotián e nós mergullámonos nel. Un menú para os días laborables, para reconfortarnos co produto do mercado e continuar coa actividade diaria.
Aperitivo do día:
:: Mexillón á brasa e salsa bretona
Entrantes:
:: Rusa de gambas e yuzu kosho
/ou/
:: Sardiñas asadas, feixóns Kenia e pataca-ceboleiro
Segundos:
Bonito asado ao carbón e o fondo das súas espiñas
/ou/
:: Coello na brasa, chalota e rigatoni
Sobremesa:
:: Torta de limón e xeado de "mojito"
/ou/
:: Follado de chocolate de orixe, cacao especiado e xeado de amorodo acedo