Fin de ano 2023
Trátase dunha cea exclusiva na nosa cúpula acristalada, para uns 30 comensais, cunhas impresionantes vistas de Vigo e o seu alumbrado do Nadal.
Acompañarannos esa noite R Música Djs, que nos achegarán ao novo ano creando un ambiente cálido e desenfadado para tomar unha primeira copa ata as 02.30 h.
O horario de reservas establécese entre as 21.00 e as 22.00 h para chegar coa cea finalizada no momento das badaladas.
Ao ser unha noite especial, para reservar solicitamos unha entrega en firme non reembolsable de 55 euros por comensal, que se entenderá como entrega á conta da factura final. O resto de importe o día do evento, ao finalizar o mesmo.
Se quere facer unha reserva, por favor póñase en contacto connosco e farémoslle chegar os nosos datos bancarios para a confirmación da mesma.