POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1.- TRATAMENTO DE DATOS
GASTRONOMIA RAIANA, S.L., con CIF: B94167962  informa a través da súa web WWW.SILABARIO.GAL sobre a súa política de privacidade respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal de calquera titular co que manteña unha relación na que se requira o tratamento dos seus datos.

As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, o almacenamento, a modificación, a transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais, sen prexuízo do indicado no apartado 4 desta política.

2.- LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO
A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, a laboral ou calquera outra que se requira para o tratamento de datos, como o consentimento expreso.

3.- COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS

  • No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios, e outros sistemas de comunicación) informámolo de que as mensaxes se dirixen exclusivamente ao seu destinatario e poden conter información privilexiada ou confidencial. Se non é vd. o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.
  • De conformidade co establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e a Directiva 2002/58/CE, comunicámoslle que no suposto de que non desexe recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indique por esta mesma vía indicando no asunto "BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS" para que os seus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días desde o seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa pola súa parte, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa empresa siga realizando as referidas comunicacións.

4.- RESPONSABLES DO TRATAMENTO
En cumprimento da lexislación vixente en Protección de Datos indicámoslle que os datos persoais que  Vd. nos facilita de forma voluntaria por calquera dos nosos medios de recollida de información serán incorporados a tratamentos automatizados e/ou manuais, sendo  GASTRONOMIA  RAIANA,  S. L o responsable dos devanditos tratamentos. Os datos non se cederán a terceiros agás nos casos en que exista unha obriga legal.

Así mesmo, declara e garante que mantén os niveis de seguridade para a protección de datos persoais conforme dispón a lexislación vixente, e que estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado, roubo dos datos facilitados polos interesados e para que os seus empregados observen as devanditas prescricións, así como o deber de segredo sobre os datos obxecto da protección e demais obrigas de confidencialidade vixentes. 

Os datos serán conservados mentres dure a relación que xera o devandito tratamento ou durante os anos necesarios para o cumprir as obrigas legais. Unha vez finalizada a relación que xustifica o tratamento de datos, estes serán bloqueados conforme ao disposto na normativa, transcorrido o prazo legalmente establecido serán eliminados. (ver en cada finalidade o prazo de conservación).

A normativa de protección de datos confírelle ao titular dos datos persoais os seguintes dereitos:

  • Dereito a revocar calquera consentimento prestado previamente.
  • Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos se están a tratar e as características do tratamento que se leva a cabo.
  • Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces.
  • Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que se estean a tratar.
  • Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.
  • Dereito de cancelación: Solicitar o cese do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación.
  • Dereito a interpor unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de datos C/ Jorge Juan, 6  28001-Madrid - FAX:  914483680- TELF: 901 100 099- E-mail: ciudadano@agpd.es
  • Se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, oporse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, pode dirixirse por escrito a:  GASTRONOMIA RAIANA, S.L. en R/ PRINCIPE 44, EDIFICIO ASEDE 6ª PLANTA, 36202 VIGO ou mediante correo electrónico a info@restaurantesilabario.com
  • A devandita comunicación deberá reflectir a seguinte información: nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.
  • O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. Non obstante, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.

FINALIDADES DOS TRATAMENTOS DE DATOS

Detallamos deseguido as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algún ou todos os Responsables de Tratamento enumerados anteriormente:

  • XESTIÓN LABORAL: Xestión da relación laboral cos empregados; tratamento dos datos necesarios para o mantemento da relación laboral: xestión de nóminas, formación... Os datos proporcionados conservaranse durante os prazos previstos pola lexislación fiscal e laboral e os necesarios para cumprir as obrigas legais.
  • XESTIÓN FISCAL CONTABLE: Xestión dos datos necesarios para o cumprimento das obrigas fiscais e contables da empresa. Os datos conservaranse nos prazos previstos pola lexislación fiscal.
  • XESTIÓN DE  CLIENTES: Poder prestar os servizos contratados e facturalos. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais.
  • XESTIÓN DE POSIBLES CLIENTES: Xestión dos datos necesarios dos clientes para poder enviarlles publicidade relacionada cos nosos produtos e servizos por calquera medio dispoñible, enviar orzamentos de servizos e/ou produtos, e invitalos a eventos do seu interese. Os datos proporcionados conservaranse mentres non solicite o cese do devandito tratamento.
  • VIDEOVIXILANCIA: Seguridade das persoas e bens da empresa. Imaxes captadas polo sistema de videovixilancia instalado na empresa co fin de protexer os seus activos. Os datos conservaranse como máximo un mes desde a súa gravación.
  • XESTIÓN PROVEDORES: Xestión dos datos de provedores para poder realizar pedidos e facturar os servizos. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para o cumprimento das obrigas legais existentes en cada caso.
  • XESTIÓN CANDIDATOS: Xestión dos datos de participantes en procesos de selección de persoal e xestión de todos aqueles currículos e outras informacións achegadas por candidatos a un posto de traballo e o de mantelos informados das distintas vacantes a un posto de traballo que se produzan na nosa organización. Os datos proporcionados conservaranse ata a adxudicación dun posto de traballo ou ata que se exerza o dereito de cancelación sobre o devandito tratamento (non superando en ningún caso o ano). En todo momento o candidato pode oporse ou limitar o alcance do tratamento dos seus datos.