Bono regalo Bo Nadal

155.00€

Bono regalo para gozar da cea de Fin de Ano, 2018. O prezo é por persoa.

Este é o noso primeiro fin de ano en Vigo e, para entrar fortes no 2019, queremos prepararche un menú especial. Comezaremos suave, para que o sabor vaia medrando ata o derradeiro prato… e celebrarémolo con cava

Esperámosvos na cúpula, unha noite especial merece unha cea especial.

Se o desexa pode engadir o servizo de adega, con dous viños, un branco e un tinto, Quinta de la Erre 2017, Finca Moncloa 2014 e Huguet brut nature 2009 por 20 €

Para o troco do seu bono, deberá realizar previamente a reserva no restaurante, indicando a referencia do bono e a data desexada.

Para a compra do bono dirixímoslle á web do Grupo Nove

 


Comprar

Cartel Bo nadal
:: Sopa lixeira de castañas e foie-gras asado en tixola
:: Meixóns á grella, xema, emulsión de allo, trufa e xenxibre
:: Vieira asada coma unha carne Ó Caldeiro
:: Cigala, arroz meloso e madreperla
:: Rodaballo e meunière de lura
:: Pombiño a L'ast con ravioli de castañas
:: Os cítricos, chocolate e arbequina
:: A tosta de Nadal
:: Selección de pequenos doces de Nadal
:: As uvas da sorte
:: Brinde de fin de ano con cava

Produtos relacionados