Bono Regalo Raíces

147.00€

Bono regalo para gozar dun xantar ou cea co “Menú Raíces” no restaurante Silabario. A Sede. O prezo é por persoa.

Este menú fálanos de pucheiros, de calor, de recendos e sabores coñecidos, pero cunha elaboración complexa e unha presentación coidada. Un percorrido gastronómico que nace das raíces máis fondas do receitario tradicional galego e medra, evoluciona e desenvólvese cara a unha cociña franca, directa e plenamente recoñecible, cun claro selo de autor.

O menú Inclúe o noso servizo de adega básica: selección de viños, auga, refrescos e servizo de café. Se o desexa, é posible engadir ao bono a correspondente maridaxe de viños, unha selección de adega variable, atendendo ao mellor momento de cada viño e prestando un especial interese ás adegas galegas por 43 €.

Tamén pode incluir unha degustación de queixos que serviremos antes do postre, por 17 €

Para o troco do seu bono, deberá realizar previamente a reserva a través da nosa web, indicando a referencia do bono e a data desexada.

A validez do bono  son 6 meses dende a data de compra do mesmo.

O menú, a maridaxe de viños e os nosos queixos deberán servirse para a mesa completa.

Para a compra do bono dirixímoslle á web do Grupo Nove

 

 

 

 

 



Comprar

Cartel Raíces
:: Selección de aceites, sales e manteigas Leite Sulfitos
:: Mexillón á brasa, crocante de salazóns e salsa bretona Leite Moluscos Peixe Sulfitos
:: Bacallau, aguacate e laranxa Froito Seco Leite Peixe Sulfitos
:: Crocante de algas, boi de mar e yuzukosho Crustáceos Sulfitos
:: Salmonete, salsifí e crème fraîche Leite Peixe Sulfitos
::::::::::::::
:: Pulpo bourguignon e gnocchi Crustáceos Glute Moluscos Sulfitos
:: Ventresca de bonito e panceta de porco celta Ovos Peixe Sésamo Soia Sulfitos
:: Vieira asada, pataca - ceboleiro, escalonia glaseada e nabiza Moluscos Soia Sulfitos
::::::::::::
:: Peixe do mercado asado, caldo corto de algas e navallas Moluscos Peixe Sulfitos
:: Carré de año de leite asado no carbón, salicornia e pataca de Coristanco Froito Seco Leite Mostaza Sulfitos
::::::::::::
:: Mirabel, sabaión de chocolate negro, lima e curry Glute Ovos Leite Mostaza
:: Follado de mazá, castaña e herba luísa Froito Seco Glute Leite Sulfitos
:: Bocados doces

Produtos relacionados