Bacallau

Brandade de bacallau, unto e anacardio afumado

Ingredientes

  • 250 gr de migas de bacallau salgado
  • 0,250 l leite enteiro
  • 2 dentes de allo
  • sal
  • 1 folliña de loureiro
  • unto afumado
  • 300 gr anacardio
  • 300 gr miga de pan gramado
  • ceboliño picado

 

Preparación

1º Desalgamos o bacallau por espazo de 36 horas en auga fría e cambiámoslle a auga cada 6 ou 8 horas. Para esta elaboración escollemos as partes menos nobres da folla, deixando as máis prezadas para outras receitas.

2º Infusionamos o leite cun pequeno anaco de unto afumado; reservamos. Retiramos o unto e cocemos paseniño o bacallau durante polo menos unha hora, xunto co allo, o sal (se fose necesario) e o loureiro; cando xa estea ben cocido engadimos a faragulla de pan e o anacardio afumado; trituramos moi fino en robot de cociña, arrefriamos e reservamos; esta farsa mesmo a podemos conxelar e usar en días posteriores.

3º Unhas horas antes do seu consumo emulsionamos esta base da brandada con aceite de oliva suave nun robot de cociña, engadindo o aceite aos poucos para evitar que se nos corte a mestura; arrefriamos antes de consumir.

4º No momento de consumir empoamos xenerosamente o ceboliño por riba da brandade, que podemos acompañar dun pouco de pan frito finamente cortado, bastóns de verduras crúas ou mesmo totopos de millo.