A importancia da gastronomía nas viaxes
Coñecer os lugares a través da gastronomía, ou a gastronomía a través das viaxes, é un dos praceres que moitas persoas practicamos, Gonzalo Marcos é unha delas:
Aínda que teño algunhas experiencias gastronómicas memorables, cando viaxo quero ter referencias culturais da zona que visito porque me conectan coa xente, coa paisaxe, co modo de vida, porque a elaboración e o produto falan de todo iso e axúdanme a asociar na memoria todo o vivido. Por iso non hai unha en concreto, senón moitas.
De calquera modo eu son estremeño e, como no resto de España, cómese estupendamente e aquí temos restaurantes que seguro proporcionan experiencias para o recordo. Atrio co seu actual menú de degustación , fan homenaxe a el produto estrela estremeño: o porco ibérico.
Grazas Gonzalo, pola visita e polas referencias estremeñas!