Novo menú Solaina

Novo Menú Solaina

Estreamos novo menú! 

Fai referencia ao espazo privilexiado que ocupa o restaurante, un lugar de goce no que relaxarnos baixo a luz do sol mentres o noso padal déixase levar polos sabores ancestrais. Co menú Solaina queremos ir un paso máis aló dos menús Tempo e Raíces, e ofrecervos un produto máis especial e exclusivo, eses produtos que determina tamén a nosa identidade como son o marisco, a lamprea ou a angula.

Teremos entre os entrantes un prato que acabamos de introducir a cacheira bourguignon, sopa de castañas e trufa de inverno, logo unha carbonara de angulas, vieira, cigala e pechamos estos primeiros pratos con moega a grella. Logo estreamos unha nova preparación da lamprea á grella con arroz cremoso e rematamos cun lombo de boi galego, antes de pasar á sobremesa.

Toda unha viaxe polo produto.